RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO PC (13 xaneiro, Ourense)

A xornada de onte, sábado 13 de xaneiro, deixábanos moi bos resultados no XXXIII CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA celebrado en Expourense. Numerosas mellores marcas persoais e varias medallas virían da man das e dos atletas que representaron ao LUCUS CAIXA RURAL GALEGA nesta edición.

Na xornada da mañá, Raquel Peña comezaría logrando a medalla de prata na proba de pértega, logo de superar os 3.05 metros que lle outorgaron o 2º posto. Xa pola tarde, Pablo Modia acadaría o 2º posto na proba de salto de lonxitude, conseguindo a medalla de prata cun salto de 6.80, esperando atoparse con mellores sensacións ao longo da tempada. Paralelamente a esta proba, Alicia González facíase co 3º posto do peso feminino, levando consigo a medalla de bronce logo de lanzar aos 11.15 metros de distancia.

Xa rematando case a xornada, na final dos 200 m.l., Iago Núñez acadaría nun tempo de 22.69 a medalla de bronce, facéndose co 3º posto no podio da proba. Santiago Rozas e Miguel Pérez loitarían na derradeira proba dos 60 m.v. para conseguir subirse ao podio, obtendo o 2º e 3º postos nun tempo de 8.71, recollendo as medallas de prata e bronce.

En resumo, a representación do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA neste campionato galego absoluto conseguiu volver a casa con seis merecidas medallas, destacando tamén a participación dos demais atletas que non acadaron o podio, pero amosaron un moi bo rendemento e melloraron as súas marcas persoais. Podedes ver os resultados completos e as imaxes da xornada aquí abaixo.

NORABOA ÁS NOSAS CAMPIONAS E CAMPIÓNS!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email