RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER PC (14 xaneiro, Ourense)

Resultados do CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER DE PISTA CUBERTA celebrado o domingo 14 de xaneiro en Expourense. A representación e participación de cinco dos nosos atletas máis veteráns do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA conseguiu rematar a xornada reunindo un total de sete medallas.

Gerardo Raposo conseguiría a medalla de bronce logo de rematar os 800 m.l. nun tempo de 2:16.54; as medallas de prata serían de José Luis Pernas, tras conseguir facer en 8.43 a carreira dos 60 m.l. e de Xabier Díaz, conseguindo en 9:23.40 bater os 3.000 m.l. Nesta mesma proba, Juan Antonio Gude proclamaríase vencedor cun tempo de 8:59.70, levando consigo a medalla de ouro.

Xa na categoría feminina, tres medallas de ouro conseguiría tamén Ros Sureda, que loitaría por facerse cos primeiros postos por categoría nas probas de 200 m.l., altura e salto de lonxitude, nas que conseguiu facer de marca 30.69, 1.40 metros e 4.19 m, respectivamente. Máis abaixo podedes consultar os resultados completos da xornada.

SEN DÚBIDA, FANTÁSTICOS RESULTADOS, NORABOA!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email