RESULTADOS do CROSS PONTE ROMANA (14 xaneiro, Lugo)

Dispoñibles os resultados e unha ampla galería de imaxes do II CROSS PONTE ROMANA de Lugo, celebrado o pasado domingo 14 de xaneiro, no que non puido faltar a representación do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA.

Atletas da Escola e do Club animáronse a participar nesta fantástica carreira na que a organización dos seus responsables, e o bo clima que acompañou, fixeron do día unha xornada única, que rematou coa entrega de medallas, premios e a subida ao podio de varios dos nosos e das nosas atletas nas distintas categorías; entre os cales destacou Esteban Iglesia, que obtivo o 2º posto na carreira da categoría absoluta masculina cun tempo de 00:34.16.

Podedes ver todos os resultados completos e as imaxes premendo nas opcións posteriores ou directamente desde a páxina web de ChampionChip Norte.

NORABOA A TODOS/AS E MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!