IMAXES GAÑADORAS DO CARNAVALUCUS!!

Fainos moitísima ilusión anunciar as cinco imaxes máis votadas deste primeiro CONCURSO CARNAVALUCUS co motivo do Entroido!! Logo de facer o reconto dos votos en todas as plataformas dixitais, aquí tedes as cinco que recibirán as TARXETAS REGALO DECATHLON valoradas en 100€, 20€ para cada unha das gañadoras.

Queremos agradecer aos nosos e ás nosas atletas da Escola de Atletismo que se animaran a participar e viviran o concurso con tanta ilusión pois, ao final, ese era o obxectivo principal desta iniciativa, desfrutar con todos e todas vós. Tamén agradecemos a participación e acollida por parte de todas as persoas que votaron e colaboraron no desenvolvemento desta iniciativa, sen elas non poderiamos anunciar as imaxes gañadoras.

Para concluír, quédanos dar a noraboa ás fotografías vencedoras, así como a todas as que participaron cos seus disfraces máis orixinais, dando exemplo do seu inxenio, traballo e creatividade e deixándonos moi sorprendidos.

Podedes consultar os resultados das votacións totais aquí.

NORABOA, SODES XENIAIS!!