Distinción ao LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

Acabamos de coñecer que o noso Club de Atletismo foi elixido para formar parte dos novos Cabaleiros e Damas da Orde Serenísima da Alquitara nomeados este ano na Festa da Augardente de Portomarín, que terá lugar o vindeiro 1 de abril, Domingo de Pascua.

Esta congregación, presidida polo alcalde e xunto cos demais membros, nomea cada ano aos seus Cabaleiros e Damas da Orde, aos que lle entrega a súa distinción no día da festa. Este ano, entre as Damas elixidas poden atoparse conselleiras e personalidades destacadas de institucións ou programas de televisión. No caso dos dez Cabaleiros elixidos, o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA atópase na listaxe dos nomeados acompañado por alcaldes, escritores e institucións como a Fisioterapia Mayo ou o Club Ciclista Muralla, así como do humorista e pregoeiro desta edición da festa, Moncho Borrajo.

Fotografía da presidenta do club, en representación do LUCUS, coas demais Damas e Cabaleiros nomeados nesta edición.
MOITAS GRAZAS!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email