CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 PC (sábado 10 marzo, Ourense)

Este sábado 10 de marzo, disputarase en xornada de tarde o CAMPIONATO DE GALICIA DE PISTA CUBERTA para a categoría SUB16 (cadete), na localidade de Ourense. Serán seis os/as atletas que vestirán as cores do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA e tratarán de mellorar as súas marcas nesta cita galega.

Na categoría masculina, Diego Piñeiro disputará as probas de 60 m.v. e triplo salto, mentres que na feminina repartiranse entre as distintas modalidades cinco das nosas atletas. Nas probas de velocidade, Brenda Lence participará nos 60 m.l., xunto con Iria Brea e Natalia Barrio; estas últimas repetirán tamén nas probas de 300 m.l. e 60 m.v., respectivamente. No fondo, será Mercedes Vila a representante dos 3.000 m.l. e, xa nos saltos, Carla Mourelle competirá nas probas de lonxitude e triplo salto, como favorita no ránking de ambas as dúas.

As primeiras probas darán comezo ás 16:00 horas da tarde, rematando o Campionato ás últimas horas da xornada, como podedes consultar no horario definitivo ou directamente na imaxe posterior, xunto co seguemento dos resultados en directo.

👉 Horario definitivo
MOITO ÉXITO!!