RESULTADOS do TROFEO CLUB DEPORTIVO AURUM (24 marzo, Ourense)

O pasado sábado 24 de marzo tiña lugar na Pista de Atletismo do Campus de Ourense a VII Edición do TROFEO CLUB DEPORTIVO AURUM, ao que tamén asistiron atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA. Ata a localidade ourensá foron dous dos nosos fondistas masculinos para participar na proba dos 5.000 metros, nesta recente tempada ao aire libre que está a comezar.

Arredor das 18:00 horas daba comezo a xornada, pero non sería ata máis tarde cando Esteban Iglesia e Kevin Darriba desputarían os 5.000 metros na categoría absoluta masculina, que acolleu preto da vintena de participantes, divididos en dúas series, ás 20:00 e ás 20:30h., e que daría paso aos relevos e ao remate deste evento deportivo.

En canto aos resultados, boas novas para Esteban Iglesia, que conseguiría mellorar a súa marca persoal baixando o seu tempo dos 15 segundos, cun excelente rexistro de 14:59.90, dándolle o 2º posto na proba e moi boas sensacións. Kevin Darriba situaríase entre os dez primeiros postos, manténdose na súa marca cun tempo de 17:00.44, preto da súa MMP, nesta proba absoluta dos 5.000m. Na imaxe inferior podes consultar os resultados completos.

NORABOA RAPACES, A SEGUIR PROGRESANDO!!