CAMPIONATOS DE GALICIA DE CLUBS SUB16 e SUB20 (sábado 5 maio, Oleiros)

Continúan as fins de semana de CAMPIONATOS DE GALICIA DE CLUBS, nesta ocasión cos autonómicos para as categorías SUB16 (cadete) e SUB20 (xunior), que se disputarán este sábado 5 de maio nas pistas de atletismo da Universidade coruñesa, en Oleiros.

Para esta competición, o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA presentarase coa categoría SUB16 feminina e a SUB20 feminina e masculina, cun total de case 40 atletas e coa participación de atletas filiais de clubs asociados como Escolas Deportivas Lourenzá e Club Ourense Atletismo.

Para coñecer o regulamento de ambos campionatos podedes premer nos seguintes enlaces, así como ver os horarios provisionais.

👉 Regulamento (SUB16) 👉 Regulamento (SUB20)
MOITO ÉXITO, EQUIPOS!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email