V XORNADA COPA DEPUTACIÓN DE LUGO (xoves 31 maio, Lugo)

Na tarde do día de hoxe, xoves 31 de maio, disputarase a V XORNADA DA COPA DEPUTACIÓN DE LUGO, para dar continuidade ás competicións que tiveron lugar ao longo da tempada de Pista Cuberta, sendo agora a quenda para as probas ao Aire Libre. Coñece o horario definitivo e os/as atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA que participarán.

 

! LEMBRADE QUE HOXE NON HABERÁ ADESTRAMENTO DA ESCOLA PARA A CATEGORÍA SUB14 (INFANTIL)

 

Nesta quinta cita, as probas están dirixidas a atletas desde a categoría SUB16 (cadete) a veterán, incluíndo algunha proba para a categoría menor SUB14 (infantil), como os 80 m.l. A continuación, adxúntase información relativa á competición, como a lista de inscricións cos e coas atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA nas distintas probas e o regulamento da competición co horario da xornada, ademais dun enlace para seguir os resultados en directo.

👉 Regulamento 👉 Lista de inscricións