Fin de semana de CAMPIONATOS DE GALICIA (9 e 10 xuño)

Fin de semana de competicións autonómicas coa celebración do CAMPIONATO DE GALICIA SUB10, SUB12  e SUB14 o sábado 9 de xuño en Pontevedra e o CAMPIONATO DE GALICIA SUB20 e SUB23 ao día seguinte, domingo 10 de xuño, na localidade coruñesa de Ferrol.

O encargado de abrir esta fin de semana atlética será o campionato galega para as categorías menores da Escola de Atletismo LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, que se disputará o sábado 9 de xuño no Estadio da Xuventude do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, na provincia de Pontevedra. Os/as atletas SUB10 (benxamín), SUB12 (alevín) e SUB14 (infantil) terán a súa quenda para experimentar as sensacións dunha competición a nivel autonómico que reúne ás mellores marcas de cada proba, logo do traballo de toda a tempada que dará fin con esta cita ao Aire Libre. Podedes consultar o regulamento e a lista de inscricións nos enlaces posteriores, ademais de seguir os resultados en directo!

👉 Regulamento 👉 Lista de inscricións

Para todas e todos os atletas da Escola, sairá un autobús desde as Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (onde adestran) ás 8:00 horas da mañá, polo que deberedes acudir 10 minutos antes xunto cos 5€ para cubrir o transporte e comida, que serán entregados na subida ao bus. A comida está reservada alí, ao ser en xornada de mañá e de tarde, e a volta a Lugo será ao remate da última proba do campionato. LEMBRADE LEVAR A ROUPA DE COMPETIR, IMPERDIBLES PARA A SUXEICIÓN DO DORSAL, ROUPA DE CAMBIO DEBIDO ÁS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS E O DOCUMENTO DE IDENTIDADE.


En canto ao domingo 10 de xuño, a ocasión será para as categorías SUB20 (xunior) e SUB23 (promesa), cuxo campionato galego disputarase na Pista de Atletismo A Malata, en Ferrol. De novo, adxúntase información de interese como o horario definitivo ou o enlace dos resultados en directo.

👉 Horario definitivo modificado
👉 Regulamento 👉 Lista de inscricións
MOITO ÉXITO A TODOS/AS!!