DEVOLUCIÓN DE FIANZAS – Escola de Atletismo

Logo do remate da Escola de Atletismo, infórmase de que podedes pasar pola oficina a devolver a equipación de competir entregada en concepto de préstamo, así como recoller as vosas fianzas depositadas ao comezo da tempada. Esperámosvos ao longo da vindeira semana en horario de mañá (de 9:00 a 14:30 horas) ou pola tarde no local do Lucus, situado nas pistas de atletismo.

Grazas pola colaboración e vémonos en setembro!