COMEZO DA TEMPADA DA ESCOLA DE ATLETISMO 2018/2019!!

Gran acollida a do comezo da Escola de Atletismo o pasado venres 16 de setembro!!

Inauguramos esta nova TEMPADA 2018/2019 cun gran número de atletas no primeiro día, logo das vacacións, nun bonito reencontro cos atletas que ascenden de categoría e os que repiten con nós, depositando de novo a súa confianza no noso equipo; así como coas caras novas que se animan a probar, apostando pola nosa Escola para iniciarse no atletismo. Encántanos recibir tan boa benvida e queremos facervos saber que xa estamos a traballar para dar o mellor de nós; ademais de que ao longo deste mes de setembro poderedes achegarvos sen compromiso e de xeito gratuíto para coñecernos nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Como sabedes, este ano as categorías serán prebenxamín (2013-2012), SUB10/benxamín (2011-2010), SUB12/alevín (2009-2008) e SUB14/infantil (2007-2006) e, polo de agora, os horarios dos adestramentos seguirán sendo de luns a venres de 18:00 a 19:00/19:30 horas, en función de cada un dos grupos.

Tedes toda a información detallada no noso apartado de Escola da web (👉 aquí).

MOITAS GRAZAS!!