Se es atleta SUB16/CADETE de primeiro ano, ISTO INTERÉSACHE!

CADETE DE PRIMEIRO ANO?

TES DÚBIDAS COA NOVA COTA E GRUPOS DE ADESTRAMENTO AGORA QUE DEIXAS A ESCOLA?

NON SABES POR QUE GRUPO ESPECÍFICO DECIDIRTE PARA CONTINUAR A TÚA FORMACIÓN DEPORTIVA?

 

SE ALGUNHA DAS RESPOSTAS ANTERIORES FOI AFIRMATIVA, SEGUE LENDO QUE ISTO INTERÉSACHE!


Nesta nova tempada, deixas a etapa da nosa ESCOLA DE ATLETISMO atrás e pasas a formar parte do CLUB, como atleta SUB16/CADETE de primeiro ano, o que supón diversos cambios na dinámica que ata o de agora levabas a cabo, como os novos grupos de adestramento, o cambio na equipación de competir, a distribución da cota a ingresar ou os documentos que terás que facernos chegar á oficina, para tramitar o teu cambio como atleta do Club.

Logo do periodo de adaptación do mes de setembro, as PRINCIPAIS MODIFICACIÓNS que esta transición implica, con relación á organización da Escola de Atletismo e do Club, son:

  • A cota anual do Club é de 90€, que deberás ingresar como ata o de agora ao número de conta (ES86 3070 0001 2111 3726 5623) mediante transferencia bancaria.
  • Se é o teu primeiro ano como atleta do Club ou nesta categoría, deberás mercar ademais o chándal oficial (50€), que inclúe unha camiseta técnica de quecemento e a equipación de competir, que será xa para ti.
  • En lugar de cubrir a ficha de inscrición, terás que cubrir o impreso de alta da licenza deportiva da FGA, que deberás entregar asinado na oficina do Club, xunto cunha fotografía tamaño carné e o xustificante do pago realizado da cota anual.
  • Deberás falar co teu novo adestrador, segundo o grupo que escollas, para coñecer os días e horarios nos que terán lugar os teus adestramentos, pois é distinto en función de cada un deles.

Se aínda non tes claro o sector no que desexas seguir formándote ou a proba específica á que te queres dedicar, non teñas medo por saír da Escola e ascender ao Club, pois dispoñemos dun grupo versátil de probas combinadas no cal poderás seguir probando as distintas modalidades do atletismo, ao tempo que compartes as amizades que tiñas na Escola; ata que obteñas a seguridade e confianza que precisas para decidir de que grupo específico queres formar parte.

Tes dúbidas ou queres saber máis? Pásate polo apartado da nosa web dedicado ao ➤ CLUB, onde poderás informarte sobre a normativa, coñecer a historia do Club ou ler con detalle a ➤ INFORMACIÓN DO CLUB relativa a esta nova etapa na túa formación como atleta, entre outras opcións; ademais de poder contactar con nós a través do noso enderezo electrónico atletismolucus@yahoo.es.

 

GRAZAS POLA CONFIANZA EN NÓS!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Share on Google+
Google+

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *