CROSS PONTE ROMANA (domingo 25 novembro, Lugo)

Adiantada a nova edición do CROSS PONTE ROMANA que, este ano, terá lugar o domingo 25 de novembro, meses antes que a xornada pasada, que se disputaba a principios de ano.

Esta terceira edición do Cross, unha das disciplinas de maior tradición do atletismo, rendirá homenaxe a Tito Margaride, figura destacada desta modalidade e atleta do noso Club, nunha carreira que acolle a todas as categorías, desde SUB8/prebenxamín a MÁSTER/veterán. Aproveitade a INSCRICIÓN GRATUÍTA* ANTES DO 20 DE NOVEMBRO!!

*Excepto categoría SUB20 e posteriores.

A primeira das carreiras dará comezo ás 10:00 horas polos arredores do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, rematando coa categoría popular mixta e última da xornada, sobre as 13:45h., cuxos percorridos oscilan entre os 500m. e os 9km. Mariano Castiñeira, o noso adestrador para a especialidade de fondo e José Manuel Traseira, expresidente do noso Club, anímanvos a participar e rendir homenaxe a Tito, non esperedes máis!

Se queredes saber máis sobre horarios, percorridos, inscricións ou resultados, podedes consultalo na páxina oficial do Cross (desde ➤aquí) ou directamente desde os enlaces posteriores.

Podes anotarte desde xa, anímate a participar!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Share on Google+
Google+

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *