II CONGRESO NACIONAL DE ATLETISMO (Madrid)

Hai unhas semanas, citábanse na Comunidade Autónoma de Madrid numerosas adestradoras e adestradores no II CONGRESO NACIONAL DE ADESTRAMENTO DE ATLETISMO – MULLER ADESTRADORA, con ponentes maioritariamente femininas que daban a coñecer as súas prácticas nesta modalidade deportiva.

Ata alí desprazábanse os nosos directores e tamén monitores da Escola de Atletismo, Pablo Modia e Miguel Pérez, xunto cos adestradores do Club, Pablo Gandoy e Roberto Marcos, nunha fin de semana de aprendizaxe e intercambio de experiencias moi interesantes, para voltar á cidade natal con ideas novidosas e moito que ensinar e poñer en práctica.

O equipo do Lucus Caixa Rural Galega que acudiu ao Congreso.

Na xornada da mañá, puideron escoitar da man de Carmen Rodríguez a organización dun adestramento de velocidade; a Manoli Alonso nas probas combinadas e a Idoia Mariezkurrena, protagonista dos adestramentos na especialidade de lanzamentos. Para rematar a xornada matinal con Leire Sánchez, que explicaba a importancia da técnica na aprendizaxe dos valos, con Inés Jiménez e a súa experiencia no paso da Escola de Atletismo ao Club e con Mar Álvarez, que explicaba a preparación física do rugby desde a súa experiencia atlética.

Xa pola tarde, o programa quedaba protagonizado polo adestrador Bertrand Valcin, nunha conferencia sobre as adaptacións na competición de alto nivel, no relativo á técnica, á figura do propio atleta e á planificación que todo isto conleva para alcanzar os resultados; deixando un tempo para o debate e a escoita de propostas por parte das e dos asistentes.

Fotografía dos nosos adestradores e monitores con Bertrand Valcin e Carlos Cordente, organizador do Congreso.
Sen dúbida, unha fin de semana intensa, pero moi enriquecedora para o Club!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Share on Google+
Google+

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *