RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN PISTA (24 novembro, Narón)

O pasado sábado 24 de novembro, a cidade de Narón acollía o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN PISTA, competición na que Emilio Novás Barral participaría na proba dos 5.000 metros marcha.

Emilio Novas durante a proba de marcha nas pistas de Narón.

Aínda que as condicións meteorolóxicas non acompañaron, o atleta recén estreado na categoría SUB23 conseguiría rematar a proba detendo o crono nos 29:25.40, rexistro co que se convertía no subcampión do campionato autonómico, voltando das Pistas do Estadio Municipal Río Seco coa merecida medalla de prata.

Accede aos resultados completos directamente na seguinte imaxe.

NORABOA, SEGUE ASÍ!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Share on Google+
Google+

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *