ENTREVISTA á nosa velocista ADI – El Progreso

Hai uns días, a nosa velocista Adi Iglesias Forneiro protagonizaba unha entrevista do máis persoal na prensa, na que amosaba que é todo un exemplo a seguir e contaba como, pouco a pouco, foi superando as dificultades que atopou ao chegar á cidade lucense, ata conseguir adaptarse á súa vida actual. Co seu afán de superación e a súa coraxe, está logrando acadar os seus obxectivos e destacar tanto no ámbito educativo coma no profesional, este último da man do seu adestrador Adolfo Vila na disciplina da velocidade.

Se aínda non puidestes ler a entrevista, premede na imaxe posterior para acceder directamente á ela!

© El Progreso
NORABOA ADI, ERES MOI GRANDE!!