FASE CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS – XOGADE (domingo 13 xaneiro, Lugo)

Comezamos este primeiro luns de xaneiro coa FASE CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS de XOGADE, nunha segunda xornada que terá lugar este domingo 13 de xaneiro, de novo no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo e cuxa participación realizarase individualmente ou por equipos nas distintas categorías, dos que sairán os escollidos para o Campionato Provincial de febreiro.

Igual que na preparatoria anterior, a partir das 11:00 horas darase o pistoletazo de saída ás primeiras carreiras para as categorías SUB10, SUB12 e SUB14, rematando cos e coas atletas SUB16 arredor do mediodía. Nesta ocasión, o circuíto, as distancias e os horarios de cada unha serán os seguintes.

Circuíto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.

 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA PERCORRIDO
11:00 SUB10/BENX FEM 600m C-A-D-F-B-C
11:05 MASC
11:15 SUB12/ALEV FEM 1.000m C-A-D-E-F-G-B-C
11:30 MASC 1.200m (C-A-B-C)-(A-D-E-F-B)
11:45 SUB14/INF FEM 1.200m (C-A-B-C)-(A-D-E-F-B)
12:00 MASC 1.600m (C-A-D-F-B-C)-(A-D-E-F-G-B-C)
12:15 SUB16/CAD FEM 1.600m (C-A-D-F-B-C)-(A-D-E-F-G-B-C)
12:30 MASC 3.500m (C-A-D-E-F-B)-3x(A-D-E-F-G-B-C)

 

Se aínda non o fixeches, confirma a túa participación antes do martes 8 de xaneiro ás 21:00 horas, ben por enderezo electrónico (a escolalucus@gmail.com) ou por vía WhatsApp no grupo correspondente.

 

LEMBRA OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da túa carreira, co documento de identidade persoal.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal que che facilite a organización, ademais das zapatillas de cravos (se as tes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta e sudadera).
  • Disfrutar moito da xornada, con competitividade e diversión!

 

AGARDÁMOSVOS!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Share on Google+
Google+