COPA DIPUTACIÓN DE LUGO – 2ª Xornada (sábado 26 xaneiro)

Este sábado 26 de xaneiro será a quenda para disputar a segunda xornada desta COPA DIPUTACIÓN DE LUGO, que terá lugar no módulo cuberto e nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera en horario de mañá e de tarde, coa proba de xavalina o domingo 27 pola mañá.

A partir das 10:00 horas darase comezo coa participación das categorías da Escola de Atletismo, onde a SUB10, SUB12 e SUB14 terán para escoller o salto de lonxitude, triplo e o lanzamento de peso, ademais dos 500 metros lisos ao aire libre. A media mañá, serán as categorías SUB16 en adiante as protagonistas das probas na pista ao aire libre, deixando a velocidade e os valados para a xornada da tarde; mentres que a xavalina será aprazada ao domingo, desde as 11:15h para os homes e ás 12:40h para as mulleres.

De novo, adxúntase o horario definitivo, información sobre o regulamento da proba e o enlace para seguir os resultados da competición en directo.

HORARIO DEFINITIVO

 

(probas do módulo)

(probas ao aire libre)

Regulamento e horario definitivo
AGARDÁMOSVOS MAÑÁ!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *