CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS – XOGADE (domingo 3 febreiro, Vilalba)

O vindeiro domingo 3 de febreiro disputarase o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS no Circuíto A Madalena, en Vilalba. Ata alí desprazaranse os distintos equipos clasificados logo da fase previa de xaneiro, desde a categoría SUB10 ata a SUB16.

Da familia do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, loitarán polas vitorias tres equipos SUB12, dous femininos e un masculino; os grupos feminino e masculino da categoría SUB14 e outros tres na SUB16, dous das atletas femininas e un dos rapaces. Desta xornada sairán os vencedores que repetirán carreira no Campionato Galego de Campo a través en Ourense, esta vez para conseguir o título de líderes autonómicos.

Tedes aquí o circuíto e o horario de cada unha das carreiras, que darán comezo a partir das 11:30 horas e rematarán arredor das 13h, cando terán lugar as premiacións.

Circuíto A Madalena, Vilalba.

 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA PERCORRIDO
11:30 SUB10/BENX FEM 700m Saída-(A-B-C-F)-Meta
11:40 MASC
11:50 SUB12/ALEV FEM 1.150m S-(A-B-C-F)-(A-B-D-C-F)-M
12:05 MASC 1.450m S-2x(A-B-D-C-F)-M
12:20 SUB14/INF FEM 1.450m S-2x(A-B-D-C-F)-M
12:35 MASC 2.000m 2x(S-A-B-D-C-F-M)
12:50 SUB16/CAD FEM 2.000m 2x(S-A-B-D-C-F-M)
13:05 MASC 3.900m 3x(S-A-B-D-C-E-F-M)

A saída será en autobús desde Lugo (ás 9:30 horas diante do IES Lucus Augusti, antigo Masculino), tomarán alí o xantar que proporciona a organización e voltarase ao remate das premiacións, logo das carreiras.

 

LEMBRADE OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á VIAXE E A COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 10 minutos antes da hora de saída do autobús, co documento persoal de identidade. PRÉGASE PUNTUALIDADE.
  • En caso de non acudir por causa imprevista, avisar canto antes a calquera dos/as monitores/as responsables, así como se algún neno ou nena non viaxase no autobús en algún dos traxectos.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal asignado, ademais de zapatillas de cravos (se tedes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta e sudadera).
  • Disfrutar moito da xornada, competir e divertirse en familia!

 

VÉMONOS O DOMINGO, EQUIPOS!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *