MEETING VILLA DE MADRID EN PISTA CUBERTA (venres 8 febreiro, Madrid)

Mañá 8 de febreiro disputarase o MEETING VILLA DE MADRID en pista cuberta no Centro Deportivo Municipal de Gallur.

© Imaxe tomada por Fotocarlosgrafias, como a portada.

A comunidade autónoma acollerá pola tarde ás figuras máis destacadas da elite mundial, entre as que terá a oportunidade de formar parte o noso atleta e un dos directores da Escola de Atletismo, Miguel Pérez Vázquez, nunha experiencia única na que dará o seu 200%, disputando os 60 m.v.!!

Neste encontro, incluído no IAAF World Indoor Tour, reúnense as mellores e os mellores atletas das distintas modalidades do atletismo, nun escenario fantástico no que bater as súas marcas da tempada e achegarse ás súas MMP. Crearase un ambiente do máis emocionante que busca, ademais, servir de inspiración para as novas xeracións de atletas, segundo destacaba o presidente da RFEA, Raúl Chapado, na presentación do evento que tivo lugar hoxe na pista.

Moi atentos/as mañá a partir das 19:00 horas, que será cando comecen as probas para estas grandes figuras do deporte, moitas delas medallas mundiais e olímpicas. Non podemos estar máis felices por esta oportunidade!

Podedes seguir os resultados en directo desde aquí!

Listas de saída Retransmisión por Teledeporte 
A DALO TODO!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *