[⚠ACTUALIZADO⚠] CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA (venres 1 marzo)

Segundo os artigos 16 e 17 dos Estatutos do Club de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, a Presidenta convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no lugar e datas que seguen:

DATA: VENRES, 1 DE MARZO DE 2019.

HORA: ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00h. na segunda convocatoria.

LUGAR: Local Social da Caixa Rural Galega, na Avenida Afonso X «O Sabio», Nº5.

ORDE DO DÍA:

  • Memoria e liquidación do presuposto, balance económico do exercicio 2017/2018, votación e aprobación das contas.
  • Orzamentos exercicio 2018/2019.
  • Proposta da Presidenta.
  • Propostas dos socios e socias. Segundo os Estatutos, deberán vir asinadas, polo menos, polo 5% dos/as mesmos/as.

 

A continuación, ás 20:30 horas e no mesmo sitio, terá lugar a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  • Modificación do Artigo 17 dos Estatutos.
  • Modificación das cotas de socios/as, tanto do Club como da Escola.
  • Explicación e posta en marcha das becas do Club.
  • Cese da Xunta Directiva.
  • Inicio das eleccións á Presidencia do Club.

 

Recórdase a todas e todos os atletas socios do Club a recomendación de acudir a ditas Asembleas polo propio interese; así como aos socios/as menores de idade, que poden asistir e/ou estar representados/as polas súas nais, pais ou titores/as legais, con dereito a voz e a voto. Podedes consultar ➤ aquí os Estatutos do Club.


AGARDÁMOSVOS!
Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *