COMPETICIÓNS NACIONAIS E AUTONÓMICAS DESTA FIN DE SEMANA (16 e 17 febreiro)

Esta fin de semana acollerá diversas competicións a nivel nacional e autonómico, onde os nosos e as nosas atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA seguirán pelexando por mellorar as súas marcas e superarse a si mesmos/as, coa emoción que se respira neste tipo de campionatos.

O protagonismo estará no CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA, que terá lugar os días 16 e 17 de febreiro na localidade malagueña de Antequera. Alí atópase xa Miguel Pérez, logo de compartir escenario a semana anterior cos máis destacados a nivel mundial no Meeting Villa de Madrid, para intentar gañar un posto na final dos 60 m.v. Aínda que para isto terá que sufrir sobre a pista, debido ao alto nivel da competición, poñerá todo o seu potencial en seguir mellorando a súa marca persoal, co desexo de rebaixar os 8 segundos nos que se atopa. Será ás 17:45 horas cando comecen as semifinais, sendo a final absoluta ás 19:20h.

Horario de probas Retransmisión en directo

 

A nivel autonómico, será tamén o sábado cando se dispute o CAMPIONATO DE GALICIA DE LANZAMENTOS LONGOS, onde as categorías SUB16, SUB18  e SUB20 loitarán polos títulos galegos nas probas de martelo, xavelina e disco; a partir das 10:00h da mañá no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra. O punto de mira estará, sen dúbida, nos atletas SUB16 do Club con Martín Rouco, na categoría masculina, que debutará no lanzamento de martelo, coa oportunidade de compartir espazo cos mellores a nivel galego. As súas compañeiras de adestramento, Sabela Sureda e Demekech García, acompañarano tamén no martelo e disputarán, ademais, o lanzamento de xavelina, no seu primeiro ano nesta categoría pola loita do medalleiro.

Tedes a continuación o regulamento da competición e o enlace para que poidades seguir os resultados en directo.

Regulamento
ÁNIMO, ATLETAS!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *