CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS – CAMPO A TRAVÉS (domingo 24 febreiro, Jaén)

Xa se atopan en Linares, Jaén, as nosas atletas SUB16 para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS DE CAMPO A TRAVÉS, logo de obter a clasificación directa no autonómico de cross. Ao longo da xornada do domingo terán lugar as carreiras pola loita dos títulos nacionais nas distintas categorías, desde a SUB16 ata a absoluta por equipos.

O LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, malia ter clasificación no equipo das SUB16 e o relevo mixto, finalmente só acudirá co primeiro deles, pois tivemos que lamentar a renuncia dos relevistas por mor dunha lesión deportiva. Aínda así, estamos seguros de que as xovencísimas representantes que xa alí descansan darán o mellor de si na súa categoría, que será a segunda en participar a partir das 10:20 horas, na que percorrerán arredor dos 3km.

Desde mañá ás 9:30h. podedes seguir os resultados e a retransmisión en directo desde os enlaces posteriores, así como consultar información de interese sobre o campionato.

Regulamento Retransmisión en vídeo
A POR TODAS, EQUIPO!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *