CAMPIONATO DE GALICIA SUB10, SUB12 e SUB14 en PISTA CUBERTA (domingo 24 febreiro, Ourense)

A xornada de mañá, domingo 24 de febreiro, van ser as categorías SUB10, SUB12 e SUB14 da nosa Escola de Atletismo as que participen no CAMPIONATO DE GALICIA EN PISTA CUBERTA, que de novo repite a localización do ano pasado na Pista Cuberta de Ourense (Expourense), en horario de mañá e de tarde.

Serán unha vintena os/as atletas que participen nas distintas probas do campionato, divertíndose e loitando por mellorar os seus rexistros e, por que non, optar aos primeiros postos do medalleiro autonómico. A SUB10 estará dominada polos rapaces, que probarán sorte nas especialidades de altura, peso e lonxitude; mentres que na SUB12 o liderazgo terano as atletas femininas, nas diferentes probas de velocidade, medio fondo, saltos e lanzamentos. Na SUB14, sen embargo, a participación será mixta na gran parte das probas, con moi boas sensacións a nivel xeral. Podedes consultar o equipo de atletas que se desprazarán mañá ata a provincia ourensá nos enlaces posteriores.

Consulta as participacións individuais e o horario das probas!

Segue os resultados da xornada en directo!

➤ Regulamento e horario definitivo ➤ Horario cámara de chamadas

Para o desprazamento, sairase en autobús ás 7:45 horas desde as Pistas de Atletismo (Estadio Gregorio Pérez Rivera), a comida será alí en Ourense e a volta ao remate da competición (arredor das 20:15, aproximadamente, aínda que se avisará ao saír). Na subida ao transporte deberedes abonar 5€/persona, coma sempre, en concepto de traslado e comida. PARA GARANTIR A PUNTUALIDADE NAS PROBAS, ROGAMOS ACUDADES 5/10 MINUTOS ANTES, CO FIN DE SAÍR Á HORA PREVISTA.

 

LEMBRA:

  • Levar contigo o documento nacional de identidade (en caso de telo).
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal que che facilite a organización, ademais das zapatillas de cravos (se as tes).
  • Vertir a equipación de competir do Club.
  • Informar o antes posible aos responsables da Escola de calquer aviso.
VÉMONOS MAÑÁ, RECARGADE A ENERXÍA!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *