CARNAVALUCUS 2.0!! Disfrázate este venres 1 de marzo para o adestramento

Tras o éxito do ano pasado e o voso interese novamente este ano, repetimos edición do CARNAVALUCUS esta tempada!! Para participar soamente tedes que acudir co voso disfraz favorito este venres 1 de marzo ao adestramento, posar no noso photocall desde as 17:30 ata as 18:00 horas, e listo! Poderedes gañar unha das 5 TARXETAS REGALO valoradas en 100€ (20€ cada unha) para comprar o material deportivo que precisedes.

Xa sabedes as instrucións, así que se tedes ficha na Escola de Atletismo esta tempada, animádevos e participade! Lembrade revisar as BASES LEGAIS ➤aquí para coñecer todos os detalles do concurso.

AGARDÁMOSVOS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *