FIN DE SEMANA DE CAMPIONATOS NACIONAIS (8-10 marzo)

Esta fin de semana preséntase intensa para as competicións a nivel nacional, na que terán lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA MÁSTER EN PISTA CUBERTA e o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS. Logo dos resultados acadados nos autonómicos de ambas especialidades, é agora o momento de amosar o esforzo realizado na tempada de pista cuberta e de campo a través no máis alto nivel, que abrirá a porta ás vindeiras competicións en pista ao aire libre.

© Fotocarlosgrafías.

O primeiro deles será o CAMPIONATO DE ESPAÑA MÁSTER EN PC, que dará comezo desde mañá venres 8 de marzo ata o domingo na Pista Cuberta de Ourense. Ata alí desprazaranse os nosos e as nosas atletas máis veteráns do club, un total de oito representantes lucenses para loitar polos títulos nacionais en cada unha das probas atléticas. Comezando pola categoría feminina, Emma Iglesias e Carmen Novo dobrarán participación nas probas de 800 e 1.500 metros lisos, mentres que Ros Sureda dará un paso máis na súa loita polo triplete en 200 m.l., salto de altura e lonxitude. Os homes intentarán dominar as probas de medio fondo e fondo nas distintas categorías máster, con Manuel Sánchez e Emilio Gontá nos 800 m.l. e 1.500 m.l.; Xabier Díaz tamén nos 1.500 m.l. e Juan Antonio Gude na proba dos 3.000 metros lisos; sen esquecer a José Luis Pernas, que se atreverá cos 60 m.l. e o salto de lonxitude.

Nos enlaces posteriores tedes máis información sobre as xornadas, ademais do horario modificado das probas.

Segue desde aquí os resultados en directo!

 ➤ Regulamento  ➤ Horario modificado

 

© Fotocarlosgrafías.

En canto ao domingo 10 de marzo, o protagonismo estará no Complexo Deportivo El Cuartillo (Cáceres), coa celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS, no que as federacións autonómicas compoñen os seus equipos cos representantes máis destacados da modalidade para loitar polo título de campión nacional, ademais das clasificacións individuais desde a categoría SUB20 á absoluta. Pois ben, nesta ocasión serán tres os atletas do LUCUS que acompañarán á Selección Galega nas carreiras dos 10.000 metros, con Laura Santos para completar o equipo absoluto feminino mentres que, no masculino, correrán Esteban Iglesia e Juan Antonio Gude, tamén na categoría absoluta e pechando a xornada matinal de cross.

De novo, tedes abaixo máis información sobre o campionato, o seguimento dos resultados en directo e o enlace da retransmisión en vídeo o domingo.

Segue desde aquí os resultados en directo!

 ➤ Regulamento  ➤ Retransmisión en vídeo
MOITO ÉXITO, VÓS PODEDES!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *