IMAXES GAÑADORAS DO CARNAVALUCUS 2.0!!

Despois do período das votacións nas nosas plataformas dixitais do Club, aquí están as IMAXES GAÑADORAS do II CONCURSO CARNAVALUCUS, unha iniciativa xurdida o ano pasado con motivo do Entroido e coa que se pretende aumentar a motivación dos/as atletas da nosa Escola de Atletismo, relacionando esta festividade coa práctica deportiva.

Como vedes na imaxe principal, aínda que ao comezo se anunciaran cinco premios para as fotografías que sumasen máis votos, finalmente serán 8 as TARXETAS REGALO de 20€ para comprar na tenda deportiva Deportes A Chaira, pois esta decidiu sumarse á iniciativa e ofrecer 3 tarxetas máis, coas que puidemos aumentar o número de gañadores e gañadoras.

Por suposto, queremos agradecer novamente a todas as persoas que se animaron a participar nesta segunda edición do concurso, participantes, familias e todos/as os/as que votaron nas nosas redes, compartindo a ilusión dos/as máis pequenos e pequenas; isto é, o obxectivo fundamental desta actividade. Ademais de a Deportes A Chaira, por colaborar con nós e incrementar os premios, ofrecendo a maiores un desconto adicional do 15% no seu material deportivo. Sen máis, noraboa tamén ás oito imaxes gañadoras, así como a todas as que participaron cos seus disfraces máis orixinais, divertidos e enxeñosos, deixástesnos moi sorprendidos!

Podedes consultar na imaxe posterior os resultados totais das votacións a través da web, Facebook e Instagram.

SODES XENIAIS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *