RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA 5KM EN RUTA (domingo 17 marzo, As Pontes)

Esta fin de semana era a especialidade de fondo a protagonista nas competicións galegas, onde o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA estivo representado por máis de dez atletas que tomaron parte no CAMPIONATO DE GALICIA DE 5KM EN RUTA, acollido este domingo 17 de marzo na localidade coruñesa de As Pontes.

Podio absoluto masculino.

A xornada, que daba comezo ás 11:00 horas, rematou con fantásticos resultados para o noso Club, que estivo preto de conseguir o triplete no podio absoluto da carreira dos 5km en ruta. Esteban Iglesia e Juan Antonio Gude proclamábanse campión e subcampión galegos, rexistrando 15:28 e 15:31, respectivamente; sendo este último a medalla de ouro na categoría máster, a mesma na que Xabier Díaz remataba como subcampión galego cun tempo de 16:16, que ademais o situaban entre os primeiros chegados a meta. 

Podio absoluto feminino.

O cuarto en rematar foi Nicolás Arrojo, quen cos seus 15:46 no cronómetro convertíase na medalla de bronce da categoría senior; na que Manuel Eiras rexistraba 17:38 de marca e finalizaba no décimo segundo posto. Na SUB20, Kevin Darriba facíase co terceiro posto e un rexistro de 16:50 minutos; seguido por Agustín Cordero, que remataba con 18:03 e situábase entre os dez primeiros por categoría e Ismael Francos, que marcaba un mellor rexistro de 19:28. Nas rapazas, Paula Castro-Gil remataría na quinta posición da carreira SUB20, na que deixaba un crono de 20:40.

O doblete viría da man dos atletas representantes na categoría SUB23, coa medalla de ouro de Xabier Mora que se alzaba como campión galego, rematando a carreira en 16:00 e a de Laura Santos, que dominaba a carreira feminina e rexistraba 18:41, converténdose na campioa galega da edición –e terceira clasificada absoluta–. Daniel Pérez, tamén na SUB23, remataría os 5km en ruta cun rexistro de 16:32, que o subían ata o segundo posto do podio como subcampión autonómico. Podedes botarlle unha ollada aos resultados completos dos participantes totais na imaxe posterior.

Novas imaxes dispoñibles de Xosé Cheda (máis na súa páxina web).

Sen dúbida uns resultados para lembrar, NORABOA!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *