CAMPIONATO DE GALICIA 10.000 m.l. (domingo 24 marzo, Marín)

©RunPhotos Galicia.

Tralas vitorias na recente competición autonómica de 5km en ruta, os nosos atletas da especialidade de fondo repetirán participación este domingo 24 de marzo no CAMPIONATO DE GALICIA DE 10.000 METROS, esta vez sobre as Pistas de San Pedro, na localidade pontevedresa de Marín, que ademais acollerá o campionato de 5.000 m.l. para as categorías SUB18 feminina e masculina e a SUB20 feminina.

Nesta ocasión, os atletas participantes que representarán ao LUCUS CAIXA RURAL GALEGA van ser Esteban Iglesia Vila e os seus compañeiros de adestramento Xabier Rodríguez Mora, Daniel Pérez Murado e Kevin Darriba Corral, ambos os catro incluídos na última rolda final dos 10.000 metros que se disputará arredor das 13:20 horas, pechando a xornada competitiva. Pero antes será Paula Castro-Gil a que inaugure as carreiras a partir das 10:45h, tomando parte nos 5.000 metros femininos da categoría SUB20.

Tedes xa activo na imaxe posterior o enlace para seguir os resultados en directo, ademais do regulamento do campionato e a lista das persoas inscritas, por se é do voso interese.

 ➤ Regulamento  ➤ Lista de persoas inscritas
A POR TODAS, MOITO ÉXITO!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *