I CLASIFICATORIA SUB10/SUB12 ATLETISMO EN PISTA – XOGADE (domingo 31 marzo, Lugo)

Logo das competicións de campo e través e de pista cuberta, comezan as xornadas de ATLETISMO EN PISTA AO AIRE LIBRE para as categorías menores da Escola de Atletismo e a SUB16 do Club. Esta tempada serán catro as clasificatorias que terán lugar, todas elas en xornada única de mañá e nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, aquí en Lugo; con dúas para a SUB10 e SUB12 e outras dúas para os/as atletas da SUB14 e SUB16.

A primeira delas terá lugar este domingo 31 de marzo e será a quenda para os máis pequenos e pequenas da Escola, con distintas probas para a categoría SUB10 (benxamín) e SUB12 (alevín) nas que poderán experimentar a competición ao aire libre. Entre elas destacan as carreiras, que van desde os 50 metros lisos ata os 2.000 m.l. e os concursos, cos saltos de lonxitude e altura e o lanzamento de peso, aos que se engade a proba de pelota. Sen máis, deixamos por aquí o horario da xornada, que dará comezo arredor das 10:15 horas e rematará coa proba de relevos para o xantar.

HORARIO

Podedes seguir os resultados da xornada en directo desde a imaxe!

 

Como é habitual, LEMBRA OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES PARA A COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da túa primeira proba, co documento persoal de identidade (se o tes).
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal asignado, ademais de zapatillas de cravos (se tedes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta e sudadera).
  • Disfrutar da xornada e divertirte co teu grupo de amigos/as.
AGARDÁMOSVOS ALÍ!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *