FALECEMENTO D. JESÚS LENCE – LEYMA

O Club de Atletismo LUCUS CAIXA RURAL GALEGA quere manifestar o seu profundo pésame polo falecemento de Don Jesús Luis Lence Ferreiro. O deporte lucense perdeu a un gran colaborador, que axudou como poucos a multitud de clubs e deportistas a sacar adiante os seus proxectos. En nome das rapazas e rapaces que forman o Lucus, queremos darlle o noso máis sincero agradecemento pola súa colaboración con este club e trasladar á súa familia o noso cariño e recoñecemento.

Esta escola de formación de persoas e deportistas, que é o Lucus, é posible polo esforzo dos monitores e monitoras e dos máis de 250 atletas que a compoñen, pero tamén o é pola axuda de empresas como a do noso bo amigo Jesús, quen coa súa aportación permítenos sosternos.

GRAZAS. DESCANSA EN PAZ.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *