II CLASIFICATORIA SUB10/SUB12 ATLETISMO EN PISTA – XOGADE (domingo 28 abril, Lugo)

Nova xornada de atletismo en pista na II CLASIFICATORIA AO AIRE LIBRE de XOGADE que terá lugar este domingo 28 de abril nas pistas de atletismo de Lugo, no Estadio Gregorio Pérez Rivera, en horario único de mañá.

Será a partir das 10:00 horas e estará destinada ás categorías SUB10 e SUB12 da nosa Escola de Atletismo, onde poderán competir nas distintas carreiras de velocidade e medio fondo, marcha e os concursos de salto de lonxitude, alturalanzamento de peso e de pelota. Podedes consultar o horario definitivo a continuación, cos relevos pechando a competición arredor das 14h.

HORARIO MODIFICADO

Non esquezas seguir os resultados en directo desde aquí!

LEMBRADE OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES PARA A COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da primeira proba para recoller o dorsal e realizar o quecemento previo.
  • Traer o documento persoal de identidade, imperdibles para colocar o dorsal asignado, zapatillas de cravos (se tedes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir do Club.
  • Disfrutar da xornada competitiva con deportividade.
AGARDÁMOSVOS O DOMINGO!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *