II CLASIFICATORIA SUB14/SUB16 ATLETISMO EN PISTA – XOGADE (domingo 5 maio, Lugo)

Novo fin de semana de competicións deportivas coa II CLASIFICATORIA DE ATLETISMO EN PISTA AO AIRE LIBRE de XOGADE –este domingo 5 de maio– nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo. Será en xornada única de mañá e a derradeira antes do Campionato Provincial de finais de maio, onde se darán cita os/as atletas mellor clasificados/as das clasificatorias previas.

Nesta última xornada participarán as categorías SUB14 e SUB16 a partir das 10:00 horas e rematarán, como é habitual, coa proba de relevos arredor das 14h. A diferenza das categorías menores, engádense probas de velocidade, medio fondo e valados como os 150 m.l. ou os 300 m.v., ademais dos 1.000 obstáculos. Tedes a continuación o horario definitivo das distintas carreiras e concursos.

HORARIO MODIFICADO

Consulta desde aquí as probas que fará cada atleta!

Segue desde aquí os resultados en directo!

 

LEMBRADE OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da primeira proba para recoller o dorsal e realizar o quecemento previo.
  • Traer o documento persoal de identidade, imperdibles para colocar o dorsal asignado, zapatillas de cravos (se tedes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir do Club.
  • Disfrutar da xornada competitiva con deportividade.

 

ÁNIMO, ATLETAS!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *