OURENSE TERMAL ATHLETICS MEETING 2019 (sábado 18 maio, Ourense)

Este sábado 18 de maio estarase disputando nas pistas de atletismo do Campus Universitario ourensán o OURENSE TERMAL ATHLETICS MEETING na súa edición 2019, un encontro de participación nacional protagonizado polas carreiras, desde os 100 metros lisos ata os 1.500ml

Dará comezo arredor das 18 horas para as categorías menores, que poderán disputar as probas de 500 m.l. e 1.000 m.l. e, deseguido, serán as categorías de SUB16 en adiante as que tomen parte na competición. A xornada rematará sobre as 21 horas, coa cerimonia de entrega dos premios económicos polos que loitarán os/as atletas inscritos/as, que serán destinados ás tres mellores marcas femininas e ás tres masculinas, ademais do premio acumulativo a aqueles/as que establezan un novo récord autonómico.

Por parte do Lucus Caixa Rural Galega, será Adiaratou Iglesias a que represente ao Club nos 200 m.l.; proba que compartirá con Carla Mourelle, quen correrá ademais nos 100 metros lisos Iria Brea, que loitará nos 400 m.l. No medio fondo, Laura Santos e Xavier Rodríguez tomarán parte nas carreiras dos 1.500 m.l. femininos e masculinos, respectivamente. Tedes a continuación o horario das distintas probas e o acceso aos resultados en directo, ademais de información de interese.

Regulamento

Horario das probas

Páxina oficial

Resultados en directo!

TODO O ÉXITO, ATLETAS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *