ADI IGLESIAS no GRAND PRIX INTERNACIONAL DE ATLETISMO (5-9 xuño, Italia)

Nesta primeira semana de xuño estase a disputar, na localidade italiana de Grosseto, o GRAND PRIX INTERNACIONAL DE ATLETISMO nunha xornada intensiva que deu comezo o día 5 e rematará o vindeiro domingo 9 de xuño.

Alí se atopa xa Adiaratou Iglesias Forneiro, a nosa atleta do Lucus Caixa Rural Galega, que competirá coa Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) nas probas de 100 m.l. e 200 m.l. Este encontro internacional servirá ademais como preparación previa do equipo español que tomará parte no próximo campionato mundial de atletismo en Dubai, no mes de novembro, para o cal Adi xa conta coas mínimas nas probas de 100 m.l., 200 m.l. e 400 m.l.

MOITO ÉXITO, ADI!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *