COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS da fin de semana (8 e 9 xuño)

Esta segunda fin de semana de xuño espérase de gran actividade para o ámbito de atletismo, con grandes encontros internacionais, nacionais e autonómicos onde tomarán parte os/as atletas do Lucus Caixa Rural Galega nas distintas especialidades.

O sábado 8 de xuño serán as pistas locais as que acollerán o MEMORIAL GREGORIO PÉREZ RIVERA a partir das 16:30 horas, nunha xornada única de tarde na que poderán participar atletas desde a categoría SUB16 ata máster. Para os tres mellores rexistros de cada proba e sexo farase entrega dun obsequio conmemorativo e, como novidade este ano, haberá tamén unha premiación especial para os tres primeiros postos da categoría máster na proba dos 5.000 m.l. Deixamos por aquí o horario definitivo da xornada e demais información de interese, como a lista das persoas admitidas nas distintas probas ou o seguimento dos resultados en directo.

HORARIO DEFINITIVO

 

Na xornada do domingo 9 de xuño será a quenda do CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER en pista ao aire libre, acollido finalmente nas pistas coruñesas de INEF, en Bastiagueiro (Oleiros). Ata alí desprazaranse sete dos nosos e das nosas atletas para representar ao Lucus Caixa Rural Galega, nunha xornada que será tamén pola tarde, a partir das 15:00 horas, e rematará cos relevos preto das 21 h.

Na categoría feminina, será Ros Sureda a que loite nos 200 m.l. e nos saltos de altura e lonxitude; Emma Iglesias, a que participe nos 800 metros lisos e Olga Vicente, a que se encargue das carreiras con valos, tomando parte nos 100 m.v. e os 400 m.v. Nos homes, o lanzador do club será Manolo Martínez, quen competirá no martelo, martelo pesado e disco; mentres que os corredores serán Xabier Díaz nos 1.500 m.l., Manuel Sánchez nos 800 m.l. e José Luis Pernas nas probas de velocidade (100 m.l., 200 m.l. e 400 m.l.). Tedes á vosa disposición máis detalles nos enlaces posteriores e os resultados en directo.

HORARIO DEFINITIVO

ÁNIMO, ATLETAS, A DAR O MELLOR!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *