REMATE DA TEMPADA PARA A ESCOLA DE ATLETISMO (venres 21 xuño)

Outro ano máis, a Escola de Atletismo do Lucus Caixa Rural Galega chega ao seu fin logo dunha tempada increíble, con moi bos resultados deportivos e, sobre todo, coa ilusión e confianza coa que nos acompañades durante estes meses, tanto atletas como familias.

Desde o Club, non podemos estar máis contentos/as de recibir ao longo destes meses o voso ánimo, apoio e felicitacións cando os resultados amosan o traballo realizado día a día nos adestramentos; así como aquelas outras veces nas que a competición non ve recoñecido todo ese esforzo e, en lugar de desanimarse, aprendemos e seguimos traballando para mellorar na seguinte ocasión que se presente. Encántanos recibir as vosas propostas e observar día a día o progreso destes/as grandes atletas que compoñen a canteira do Club, sen perder a motivación e manténdose ilusionados/as semana tras semana. Pola nosa parte non podemos máis que AGRADECERVOS unha e outra vez a confianza que depositades en nós e agardarvos coas portas abertas o vindeiro ano, para o cal xa empezamos a traballar e a pensar novas ideas coas que seguir mellorando.

❗Lembrade que hoxe, a partir das 18:00 horas, será o último día de adestramento para as categorías SUB8, SUB10, SUB12 e SUB14. Ademais, ao remate dos adestramentos, terá lugar un SORTEO de material deportivo da Escola con tres gañadores/as por categoría; sen esquecer a entrega de diplomas a todas e todos os atletas do último ano da categoría SUB14, que rematan xa a súa experiencia na Escola e o ano que vén pasarán a formar parte do Club.
AGARDÁMOSVOS!!

Se aínda así quedades con ganas de máis, lembrade que en xullo voltamos co LUCUS SUMMER CAMP 2019, unha nova edición do Campus de Verán organizado polo Club e a Escola de Atletismo. Tedes toda a información no enlace posterior; XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *