COMEZO DA TEMPADA 2019-2020!!

Rematan as vacacións e, como todos os anos, volven os adestramentos da man da Escola do Lucus Caixa Rural Galega!!
 
A nova tempada 2019-2020 dará comezo este venres 13 de setembro ás 18:00 horas nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras).
 
Informámosvos de que as inscricións están xa abertas para todos/as os/as que tedes claro a vosa continuidade na nosa Escola. Para os que desexades coñecernos e descubrir a nosa forma de traballar, teremos xornada de portas abertas durante o mes de setembro, nos horarios e días habituais segundo a categoría, onde podedes coñecernos sen compromiso e de xeito gratuíto.
 
Xa está dispoñible toda a información relativa á tempada actual, polo que non esquezades botarlle unha ollada e revisar as modificacións con respecto a anos anteriores; podedes acceder directamente desde a imaxe seguinte.
 
 
 
IMPORTANTE: lémbrase que para os/as atletas que ascenden a categoría SUB16/CADETE (2005-2006), os adestramentos comezarán o LUNS 9 de SETEMBRO ás 19:00 horas, tras a reunión previa coas familias e atletas ás 18:00 horas nas pistas de atletismo.
 
Agardámosvos, desfrutade dos últimos días de vacacións!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *