AVISO IMPORTANTE – LICENZAS 2020

Información importante para a tramitación das licenzas deportivas de cara a NOVA TEMPADA 2020, que este ano abarcará de xaneiro a decembro de 2020.

O prazo para facer chegar ao Club a documentación correspondente será do 1 ao 29 de novembro de 2019 (fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta aboar os posibles recargos que se apliquen).

Lémbrase que o procedemento para realizar a ALTA ou RENOVACIÓN é a seguinte:

  • Cubrir a ficha de inscrición do Club (➤ aquí).
  • Adxuntar o xustificante do pago da cota anual (100€).
  • Tarxeta de residente e certificado de empadroamento (SÓ ATLETAS DO ESTRANXEIRO).

IMPORTANTE: a partir de decembro, debedes autorizar o CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais por parte da Federación (podedes facelo desde ➤ aquí). Lembrade que, sen ter autorizado o consentimento legal, a Federación non tramitará a licenza deportiva.

Podedes facernos chegar a documentación de xeito presencial na oficina do Club, en horario de tarde, ou enviala a través do enderezo electrónico (atletismolucus@yahoo.es). 

Grazas a todas e todos por confiar en nós unha tempada máis e, se dubidades, animádevos a probar!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *