CROSS INTERNACIONAL ATAPUERCA (sábado 9 novembro 2019)

Comezan as competicións de gran nivel e que mellor xeito de iniciar a tempada de campo a través que co XVI CROSS INTERNACIONAL ATAPUERCA, que terá lugar na citada localidade de Burgos este sábado 9 de novembro.

Na actual edición, o Lucus Caixa Rural Galega participará na categoría absoluta cos fondistas Esteban Iglesia, Xabier Rodríguez e Manuel Eiras, aos que acompañará Rosalía Rodríguez-Gigirey na carreira popular e diversos atletas da categoría SUB16, algúns deles coa vivencia do ano pasado e moitos outros coa emoción de experimentar unha proba federada de alto nivel como é este Cross de Atapuerca. Como novidade este ano, desprazaranse tamén atletas da categoría SUB14 da nosa Escola de Atletismo, nunha experiencia única na que poderán observar e coñecer de cerca a atletas nacionais e internacionais con ampla experiencia nesta modalidade deportiva, aprendendo e desfrutando do atletismo.

A saída para o traslado a Atapuerca será mañá venres 8 de novembro ás 16:30 horas das Pistas de Atletismo de Lugo (Estadio Gregorio Pérez Rivera). A cea do venres e o almorzo do sábado será no hotel e a volta terá lugar ao remate da competición, chegando a Lugo o sábado 9 de novembro a última hora. Como para o resto das competicións, LEMBRADE!

  • Levar o documento nacional de identidade ou equivalente.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal, ademais das zapatillas de cravos (se as tes).
  • Vestir a equipación de competir do Club.
  • Desfrutar a experiencia e aprender moito.

Deixamos a continuación a lista de atletas inscritos/as confirmados/as pola organización e demais información de interese relativa á xornada. Se tedes algunha dúbida ou preocupación, podedes contactar con nós por calquera dos medios dispoñibles.

MOITO ÉXITO AO EQUIPO DO LUCUS, BOA VIAXE!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *