FASE FINAL LIGA ABANCA e CONTROL DE MARCAS (domingo 15 decembro, Ourense)

Mañá domingo 15 de decembro desprazarémonos ata a provincia de Ourense para disputar unha xornada completa de atletismo, coa fase final da LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES pola mañá e o CONTROL DE MARCAS EN PISTA CUBERTA, en horario maiormente de tarde.


LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES

– Atletas de 2011 a 2006 –

Logo das tres xornadas clasificatorias disputadas durante o mes de novembro, tres foron os equipos da nosa Escola de Atletismo que conseguiron meter un pé na fase final e loitarán de manera conxunta por obter un lugar no podio. Tomarán parte a categoría SUB12 masculina e feminina e o equipo feminino da SUB14, en total unha vintena de atletas que representarán ao Lucus Caixa Rural Galega nesta xornada final. Nos enlaces inferiores podedes consultar os/as atletas que participarán en cada equipo, o horario das probas e seguir os resultados en directo.

(categoría SUB12)

(categoría SUB14)

IMPORTANTE: Para o desprazamento dos equipos sairá un autobús ás 8:00 horas desde o Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo), con volta estimada desde Ourense arredor das 16:00h. Só haberá comida para os/as atletas que compitan pola mañá e pola tarde (no Control de Marcas), polo que se recomenda levar un aperitivo ou merenda para a xornada. Lembrade que os/as menores de idade deben entregar cuberta a ➤AUTORIZACIÓN PARA TRANSPORTE na subida ao autobús e viaxar co documento de identidade.


CONTROL DE INVERNO EN PISTA CUBERTA

– Atletas de 2006 a Máster –

De xeito paralelo á Liga, terá lugar un control de marcas para as categorías maiores, onde poderán participar nas distintas probas e tratar de mellorar os resultados persoais de cara aos vindeiros campionatos de pista cuberta. A partir das 10:40 horas comezarán as probas de 60 metros lisos e peso feminino, mentres que as demais carreiras e concursos continuarán pola tarde desde as 16:30 horas. Tedes toda a información relativa nos enlaces posteriores, xunto cos resultados en directo.

(xornada de mañá)

(xornada de tarde)

IMPORTANTE: Para o desprazamento dos/as atletas que compiten pola tarde sairá un autobús ás 14:00 horas desde o Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo), con volta desde Ourense ao remate da competición. Lembrade que os/as menores de idade deben entregar cuberta a ➤AUTORIZACIÓN PARA TRANSPORTE na subida ao autobús e viaxar co documento de identidade.

 

SEN MÁIS, MOITO ÉXITO A TODAS E TODOS PARA A XORNADA, VÉMONOS!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *