TROFEO DE NADAL Lugo Running Club (sábado 21 decembro, Lugo)

Mañá sábado 21 de decembro despediremos o ano co TROFEO DE NADAL LUGO RUNNING CLUB que terá lugar no Módulo Cuberto de Lugo, nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera. Será en horario único de tarde, a partir das 17:00 horas, e servirá para rematar o 2019 nunha festa do atletismo en pista cuberta, con vistas a desfrutar das probas e conseguir as marcas mínimas para os campionatos que abrirán a nova tempada deportiva.

Entre as probas que se disputarán destacan o salto de altura, lonxitude e triplo salto nos concursos e as series de 60 metros lisos e 60 metros valados como principais carreiras, e nelas poderán participar atletas desde a categoría SUB16 ata Máster. A xornada pecharase coa cerimonia de premiación, na que se entregará un trofeo conmemorativo ás vencedoras e vencedores de cada proba e un lote de produtos Torre de Núñez ás tres mellores marcas absolutas de cada sexo, segundo a táboa de puntuación IAAF. 

Deixámosvos o horario definitivo a continuación, xunto con enlaces de interés como a lista de atletas admitidos/as, os resultados en directo e o regulamento da competición, onde podedes resolver as vosas dúbidas.

HORARIO DEFINITIVO

MOITO ÉXITO A TODOS/AS!!
Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *