[ACTUALIZADO 27/02] TRANSPORTE PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO (sábado 29 febreiro, Ourense)

ACTUALIZACIÓN – 27/02/2020

O autobús para o desprazamento co Club sairá ás 8:10 horas desde as pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo. Volverase ao remate da última proba, con saída de Ourense arredor das 21:45 horas. As persoas que non confirmasen a comida e queiran facelo co Club, avisade na maior brevidade posible por calquera dos medios dispoñibles. Lembrade levar con vós as entradas e un documento que acredite a vosa identidade. PRÉGASE PUNTUALIDADE para garantir a hora de chegada en tempo e, no caso de non acudir por causa imprevista, avisalo canto antes ao Club. Grazas.

 

A última fin de semana deste mes terá lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO EN PISTA CUBERTA, onde tomarán parte os/as atletas máis destacados a nivel autonómico, nacional e internacional do noso país. Sen dúbida, unha oportunidade única para disfrutar do atletismo de máis alto nivel e vivir unha xornada onde a emoción e a deportividade convértense nas protagonistas.

É por iso que, desde o Club, estamos a organizar o desprazamento ata a Pista Cuberta de Ourense para todos e todas as que queirades achegarvos para disfrutar da xornada, ademais de acompañar aos atletas que tomarán parte representando ao Lucus Caixa Rural Galega. Será o SÁBADO 29 DE FEBREIRO en horario completo, con saída pola mañá e volta ao remate da competición. Se queredes anotarvos, xa está aberto o prazo para facelo no apartado de Inscricións, desde o seguinte enlace.

ANIMÁDEVOS A VIR!! 💪

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *