CAMPIONATO GALEGO CAMPO A TRAVÉS – XOGADE (sábado 15 febreiro, Pontevedra)

Por fin terá lugar o CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS – XOGADE este sábado 15 de febreiro no concello de Portas, en Pontevedra. Logo de superar as fases previas e de clasificarse no Campionato Provincial que tiña lugar en Vilalba, é o momento de disputar a proba final que determinará os/as atletas e equipos que consigan facerse co título autonómico da especialidade.

Nesta última xornada estarán presentes os dous equipos femininos SUB14 e SUB16 e Teo de Frutos, vencedor da carreira provincial e representante na categoría SUB14 masculina. Será en horario de mañá a partir das 11:00 horas e percorrerán entre 2.500 e 3.000 metros, nunha mañá á que poñerá fin a cerimonia de premiación, onde atletas individuais e equipos recollerán os merecidos premios e medallas. Deixámosvos o circuíto e o horario das carreiras, ademais das distancias e toda a información relativa ao desprazamento.

CIRCUÍTO

Circuíto no Concello de Portas, Pontevedra.

 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA PERCORRIDO
11:00 SUB16/CAD FEM 3.000m 3 Voltas Rosa
11:20 MASC
11:40 SUB14/INF FEM 2.500m 1 Volta Azul + 2 Voltas Rosa
12:00 MASC
12:20 SUB12/ALE FEM 2.000m 2 Voltas Rosa
12:35 MASC

Para o desprazamento dos equipos ata Pontevedra sairá un autobús desde Lugo ás 8:00 horas diante do IES Lucus Augusti (antigo Masculino), con volta ao remate da competición e entrega de premios. PRÉGASE ACUDIR 10 MINUTOS ANTES para respectar a hora de saída do transporte e chegada en tempo á competición.

! Lembrade, coma sempre, os seguintes aspectos importantes:

  • En caso de non acudir á competición ou non desprazarse en autobús, avisar canto antes a calquera dos/as responsables do Club para que o teña en conta.
  • Trae imperdibles para colocar o dorsal, un documento que acredite a túa identidade, zapatillas de cravos (se as tes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Viste a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta a suadoiro).
  • Disfruta moito da xornada e da competitividade en equipo!

 

Podes consultar nos seguintes enlaces os resultados das fases previas de Campo a través:

Fase Preparatoria

(1 decembro 2019)

Fase Clasificatoria

(19 xaneiro 2020)

Campionato Provincial

(2 febreiro 2020)

MOITO ÉXITO NESTA ÚLTIMA ROLDA, EQUIPOS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *