CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO EN PC (29 febreiro e 1 marzo, Ourense)

Xa está todo preparado para disputar este último fin de semana de febreiro o CAMPIONATO DE ESPAÑA EN PISTA CUBERTA, sen dúbida un dos eventos máis esperados da competición de alto nivel. Será na Pista Cuberta de Ourense (Expourense) e ocupará o sábado pola mañá e tarde e o domingo pola mañá.

Ata alí desprazarémonos para disfrutar dos/as atletas máis destacados do panorama nacional e internacional en vivo, onde a experiencia e a emoción da competición converten o Campionato nun espectáculo único. Como non podía ser doutro xeito, estaremos animando ao noso vallista Miguel Pérez, representante do Club que participará na proba dos 60 metros valados e loitará por mellorar o seu rexistro, que actualmente se atopa nos 8:34 esta tempada, con 8.20 de MMP. Podedes seguilo a partir das 10:30 horas nas roldas eliminatorias.

Deixámosvos todos os enlaces de interés para que non perdades detalle nesta fin de semana deportiva.

ESTAMOS CONTIGO, MIGUEL!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *