DÍA MUNDIAL DO ATLETISMO – 14 de maio

Hoxe 14 de maio conmemórase o Día Mundial do Atletismo co obxectivo de achegar esta modalidade deportiva á poboación, ademais de impulsar o seu coñecemento e práctica entre as persoas de todas as idades e poñer en valor o esforzo e os logros de todas e todos os atletas que se dedican a esta disciplina.

Aínda que esta tempada 2020 estase a facer máis curta do que nos gustaría, queremos celebrar este día lembrando diversos momentos que nos fixeron disfrutar neste o noso Club, como os primeiros días da Escola de Atletismo alá por outubro, a ilusión e loita que amosaron os equipos feminino e masculino na Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta ou a última das imaxes colectivas que deixamos rexistrada, cando acudimos ao Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta e disfrutamos dunha experiencia máis que enriquecedora para atletas, adestradores e familias.

Comezo da Escola de Atletismo 2019-2020.
Parte dos equipos que participaron na Copa de Galicia de Clubs en PC.
Equipo do Lucus Caixa Rural Galega desprazado ata Ourense no Campionato de España Absoluto en PC.

Botámosvos moito de menos e estamos desexando volver á normalidade para seguir sumando momentos como estes. Mentres tanto, por favor coidádevos e protexede aos demais!

MOITO ÁNIMO E #RESPONSABILIDADE
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *