CARREIRA VIRTUAL LIBERTY, INSCRÍBETE E COLABORA! (domingo 31 maio)

Este próximo domingo 31 de maio terá lugar unha nova edición da CARREIRA LIBERTY «XUNTOS NA DISTANCIA», un evento solidario en apoio ao deporte paralímpico que ten por obxectivo fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional e darlles maior visibilidade.

Dadas as circunstancias actuais nas que se atopa o territorio nacional, a carreira celebrarase virtualmente, de xeito que todas as persoas que se inscriban poderán correr ou camiñar desde as súas localidades e colaborar con este fin solidario; sempre con #Responsabilidade e mantendo as medidas hixiénicas e de seguridade establecidas.

Para tomar parte podedes realizar a inscrición gratuíta a través da súa web en www.carreraliberty.es ou directamente no icono inferior, coa que recibiredes un dorsal personalizado e descargable para o domingo e participaredes de xeito automático nun sorteo dunhas zapatillas de deporte. Ademais, quen o desexe pode facer unha doazón que irá destinada ao Equipo de Promesas Paralímpicas de Atletismo, impulsado por Liberty Seguros entre as distintas accións e proxectos que leva a cabo.

Por se fose pouco, se subides unha foto participando na carreira ás vosas redes sociais xunto co cancelo #MiCarreraLiberty, entraredes nun segundo sorteo duns auriculares diseñados para facer deporte. Se aínda tedes dúbidas, a nosa Adi Iglesias explícao xenial no seguinte vídeo!

ANIMÁDEVOS E LEMBRADE, #RESPONSABILIDADE
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *