Reportaxe do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA na revista Lugo Deporte

Para quen aínda non a coñeza, LugoDeporte é unha revista que, desde hai dous anos, publica o máis destacado da actualidade deportiva da provincia de Lugo, co obxectivo de dar a coñecer o seu contido nun produto coa máxima calidade, a través da información, fotografía, deseño e impresión.

Desde que comezase en 2018, cada dous meses publica un novo número en formato dixital e impreso, co compromiso de recoñecer a clubs e deportistas dunha ampla variedade de deportes como o atletismo, o fútbol, o baloncesto ou o ciclismo, entre moitos outros.

Por se aínda non puidestes ler a reportaxe dedicada ao noso club, tedes aquí abaixo a revista dixital.

Moitas gracias LugoDeporte! #RESPONSABILIDADE
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *