ADI IGLESIAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO (12 e 13 setembro, Madrid)

Esta fin de semana dispútase en varias localizacións de Madrid o CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO en pista ao aire libre, nunha edición diferente marcada polo regreso á actividade máis que polos récords e as marcas persoais e con ausencias destacadas.

Debido á situación sanitaria, terá lugar en varias sedes segundo os distintos sectores do atletismo, acollendo no Estadio Vallehermoso as carreiras de medio fondo, fondo, marcha, pértega e as probas combinadas; no Centro Deportivo Municipal de Moratalaz os principais lanzamentos, en Alcobendas os concursos de salto e na localidade de Getafe as probas de velocidade e valados. Nesta últimas das localizacións atópase xa a nosa velocista Adi Iglesias, que loitará por unha praza nas semifinais dos 100 e 200 metros lisos.

Será hoxe sábado 12 de setembro a partir das 17:55 horas cando teñan lugar as tres semifinais dos 100ml, proba na que participará para intentar actualizar a súa mellor marca persoal de 11.99 segundos rexistrada en Dubai; cuxa final disputarase ás 19:00 horas. Nos 200ml, terá que agardar ata as 20:05 horas para correr na semifinal, á que chega cunha MMP de 24.31 que constitúe o sexto mellor rexistro das atletas clasificadas, o que supón a posibilidade de meterse na final, que se desenvolverá o domingo 13 de setembro ás 18:50 horas.

Se queredes seguir o Campionato en directo e non perdervos nada, deixámosvos os resultados e a retransmisión en vídeo nos seguintes enlaces.

ESTAMOS CONTIGO, ADI, A POR TODAS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *